“1 or W” e “A Traxedia de P”

Outubro 4th, 2008

273-1latragediadep01g

Ola,

hoxe falarei de duas recopilacións de relatos cortos de Rumiko Takahashi, unha das miñas Mangaka favoritas, e que tamén é responsábel de cousas como Ranma 1/2, Urusei Yatsura e Maison Ikkoku.

As recopilacións en cuestión son 1 or W e A traxedia de P, aquí atopamonos relatos do máis raros, seguindo sempre o estilo de Rumiko, nese punto de comedia romantica moitas e incluso con transformacións polo medio, cabe destacar o cotillas que son as vellas en case todalas historias, e de feito nunha delas armase un lio ben gordo por conta das faladurias probocadas por algunha das mulleres. O que si vos podo asegurar é que pasaredes un moi bo rato lendoas e que merecen a pena calquera das duas recopilacións, Rumiko non nos decepciona, e sacaranos o sorriso con moitas das historias.

Deica.

Detroit Metal City -Anime-

Outubro 3rd, 2008

1589163

Ola,

xa hai uns días que comezamos no fansub con Detroit Metal City, a primeira serie que sacamos en galego, aínda que xa tiñamos feito unha OVA e un corto de Makoto Shinkai, e aproveitando a tesitura vouvos falar un pouco desta serie.

Nesta serie de OVA´s presentasenos a Negishi Souichi, un rapaz de aldea que se muda a Toquio para cumprir o seu sono de entrar nun grupo de pop, pero que remata nunha banda de Death Metal facendo o papel de Krauser II, un persoaxe totalmente oposto a Negishi; esto traelle máis dun conflicto de persoalidade, e unha amplia cantidade de anecdotas moi graciosas.

Ademais de Negishi, a banda ten dous compoñentes máis, que tamen levan polo camiño da amargura a Negishi, e que por suposto tampouco son como os pintan dentro da banda, de feito son dous persoaxes do máis dispares. Wada si que a simple vista é un tipo normal que fai o seu papel no esceario e que ademais mira polo interés do grupo, e Nishida, o que toca a bateria, é un hikikomori pervertido que nos deixa máis dunha anecdota graciosa.

Fora da banda temos a Aikawa, unha excompañeira de universidade de Negishi, pola cal sinte certa atracción e que coincide en gustos con el, curiosamente ela odia o death metal e por descontado a Detroit Metal City, co cal Negishi tensas que ver e desexar para evitar que se de conta de que forma parte do grupo.

Con toda esta mistura, xunto coa animación do Estudio 4ºC, atoparémonos cunha serie que non nos deixará indiferentes e que fará que cantemos Satsugai polas rúas.

E coa mesma déixovos cunhas cantas capturas, FUCK!

bscap0070bscap0069bscap0068bscap0067

Deica.

Fruits Basket

Outubro 1st, 2008

fruits2ol4

Ola,

De cando en vez está ben falar de algo de manga, e máis tendo en conta que as versións manga tenden a ser mellores que as versións anime; pois hoxe é unha desas veces, imos falar dun shojo manga: Fruits Basket.

En Fruits Basket atopámonos cun elenco de personaxes envoltos nunha maldición, son os animais do zodíaco chino, e cando alguén do xénero contrario os abraza transfórmanse no animal ó que representan, dentro deste grupo, a familia Soma, metese Tohru Honda, unha rapaza aparentemente normal pero que desperta o interese de todos incluso do que representa o deus que chama os animais, e o longo dos 23 tomos dos que consta a serie, descubrimos que todos estan relacionados dalgunha maneira con Tohru.

O certo é que este manga que o principio me parecía algo pasteleiro, inda que si divertido, terminou facendo que me encariñara moito cos personaxe en especial con Kyo, ó que representa o gato, animal excluido do zodíaco que ó principio me gustaba por ser ó que lle sucedian as cousas máis divertidas, pero que resulta ser o protagonista dunha das historias máis dramáticas.

Desexo que vos guste este manga, que o meu parecer está moi ben.

Deica.

He is my Master

Setembro 30th, 2008

1195994152344

Boas,

Hoxe imos falar dunha das series máis divertidas que teño visto nos últimos meses, He is my Master.

Esta é un dos reshares que sacaron os amigos de Animugen polo seu aniversario, xa hai uns meses, e eu xa tiña gañas de vela, despois de que ma recomendara Wish.

Nesta serie topámonos con dúas irmás adolescentes que se vas da súa casa, claro que sen traballo e sen ningún sitio onde quedarse, e despois de pasarse algúns días vivindo na rúa atopan unha mansión na que precisan serventas, co cal intentan entrar a traballar nese sitio, no que se atopan cun xefe un tanto peculiar, un rapaz tamén de instituto, que se quedou orfo coa fortuna dos seus pais as súas costas. O final resulta que o rapaz este e un pervertido enfermo, e que a razón pola que as rapazas se foron de casa era por que coidaban cun crocodilo non menos pervertido que o seu actual xefe. Con todo este enredo montado imonos topar cun montón de situacións nas que o “pobre” do amo sae escaldado, ainda que tamén por facer o que non debe.

Esta serie cortiña tamén é  moi recomendable para pasar un rato e votarte unhas risas.

E como sempre déixovos cunha selección de de capturas da serie.

bscap0061bscap0060

bscap0059bscap0058

Deica.

PlanetES

Setembro 29th, 2008

planetes1lg

Ola,

hai tempo que tiña que escribir esta entrada e este blog precisa dun empurrón, así que, que mellor facer un comentario de esta serie.

Nesta serie fálanos sobre un futuro próximo, no que o home xa domina o o espacio cércano tendo bases na Lúa, o meu parecer un futuro con certas similitudes o de “2001, A Space Odyssey” de Clarke, so que sen guerra fría polo medio, e sempre co trasfondo do lixo espacial, xa que os protagonistas pertencen o grupo de recollida de lixo dunha gran empresa.

E que ten de importante o lixo espacial? Ben, pois se a problematica do lixo na Terra xa é ben grande, cando falamos de particulas no espacio, a cousa multiplicase, sobre todo cando existen certa cantidade de tráfico no espacio orbital terrestre e entre a Terra e a Lúa, xa que un anaco moi pequeno de lixo, ó estrelarse, pode pode facer estragos, e unha gran cantidade de particulas de pequeno tamaño pode facer imposíbel a saida o espacio dende a terra. O marxe de todas as aventuras recollendo lixo espacial dos nosos protagonistas, tamén nos atopamos con outras cuestión sobre os problemas de vivir no espacio como o vertigo espacial, que pode facer estragos na vida dun astronauta, o terrorismo espacial e incluso aparece unha rapaza selenita, que crece moito máis da normal pola baixa grabidade da Lúa. Todo isto mezclado coa ambición do home por chegar a novas cotas, no caso da serie, a misión a Xupiter.

Pois nada que vos recomendo esta serie, que é unha das mellores que teño visto, e que agardo que vos guste tanto coma a min.

Coma sempre déixovos cunhas capturas da serie.

bscap0047bscap0048bscap0049bscap0050

Deica.

Wish & TMM “Música de Anime”

Setembro 6th, 2008

Portada Web

Boas,

despois dunhas vacacións blogueiras, volvo para traervos unha pequena sorpresa. Xa hai un tempo que Wish máis eu temos preparadas unhas compilación con parte da nosa música favorita de anime, tiñamos idea de facerlle unhas caratulas e preparalo para que quedara bonito nunha caixa, e logo dixemonos: Por qué non imos a compartir esto coa xente que lle guste a traves dos blogs? E aquí nos tedes a Wish e a min sacando estes dous cds, un coa compilación de Wish e outro coa miña compilación. Dentro do arquivo onde está a música atoparedesvos tamén cunha carpeta onde vas as caratulas en jpg, e un libreto coa letra das cancións.

Deixovos unha imaxe da contraportada, onde veredes a lista de pistas, e doas imaxes dalgunha páxina do libreto:

Contraportada web

Libreto 02-35Libreto 18-19

Aquí o enlace a Descarga Directa: Wish&TMM “Música de Anime”

E aquí o e-link:Wish&TMM Música de Anime.rar

Espero que vos gusten moito estas compilacións.

Deica.

Un Galego no Mundodisco II, “Ritos Iguais”

Xullo 29th, 2008

Equal_Rites_full

Ola,

imos retomar esta categoría, e o blog que teño algo olvidado, falando nesta ocasión do terceiro libro, por orde de edición, das novelas de Mundodisco.

Esta vez o señor Terry Pratchett deixa de lado as aventuras de Rincewind para introducirnos no universo das Bruxas do Mundodisco. Neste libro falase da igualdade de sexos, por qué no pode haber unha meiga ou un bruxo? Que ocorreria se nace unha muller predestinada a ser mago? Pois metamos todo isto no mundo de Terry Pratchett e saira unha das mellores novelas de Mundodisco.

Aquí presentasenos a Escarina, a sétima filla dun sétimo fillo, que por tradición deberia ser un mago, e ahí está o principio de todolos males, primeiro, as bruxas non queren que unha muller sexa “maga” e encarganse de adoctrinala intentando ensinarlle a maxia das bruxas e a “cabezoloxía”, na que Escarina se volve toda unha maestra, pero como esta predestinada a utilizar a maxia dos magos, terminan decidindo, ainda que non lles guste, levala a “Universidade Invisible”, onde se forman os magos e onde se concentra toda a xerarquia da maxía do Mundodisco, e alí é onde se atopan con que non acepta a entrada de mulleres, o que provoca un enfrentamento entre a bruxa, titora de Escarina, e o Arquicanceler da universidade.

Na miña opinión é un libro máis que recomendable, e que ademáis entra con ese tono retranqueiro de Terry Pratchett nun tema complicado como é o da igualdade.

Deica.

Evangelion:1.0 – You Are (Not) Alone

Xullo 2nd, 2008

Prelude_to_Destruction_11099[theAnimeGallery.com]

Ola,

imos comezar o mes de Xullo falando da primeira das catro películas que compoñen o remake de Evangelion, serie que no seu momento me encantou e que ainda esta entre as miñas favoritas.

Teño que decirvos, que nun principio, eu non estaba moi a favor da creación destes longametraxes, penso que Gainax, a productora deste anime, deberia deixar explotar Evangelion e adicarse a creación de novas series, cousa que fixo moi ben con Gurren, por exemplo.

Agora entrando máis no que se refire a esta película, situanos na primeira parte da serie antes de que apareza Asuka; e vos preguntaredesvos como se amañaron para meter tanto nalgo máis de hora e media que dura este longametraxe; pois o que fan e recortar e moito todos os momentos nos que non saen os EVA’s loitando, con cal temos por exemplo, que Shinji e moito máis papahostias dende o principio, e o caracter de Rei é menos interesante, ademáis o pouco protagonismo que puideran ter os compañeiros de clase desaparece por completo. Vamos que como pasa sempre con este tipo de adaptacións, parece que lle falta por contar a metade da historia.

Con respecto a cuestións máis tecnicas, como a animación e o deseño dos EVA’s e os persoaxes, podo decir que si me gustaron os da película, de feito penso que neses aspectos mellora en moito a serie, en especial o deseño dalgún dos anxos e moi bo.

Como resumo decirvos que, se non a comparas coa serie, esta película esta moi ben ten unha animación moi boa, e vamos a historia e igual que na serie polo tanto tamén está ben; pero claro o non ter a extensión da serie penso que te quedas a medias, querendo saber máis en profundidade o que pasa. E fin, que me ratifico no que decia o principio, e os señores de Gainax deberian deixar a Evangelion onde estaba, que estaba moi ben, e seguir pola liña da innovación, como en Tengen Toppa Gurren Lagann.

Como sempre deixovos cunhas cantas capturas da película.

bscap0045bscap0044bscap0043bscap0042bscap0041bscap0039bscap0038

Deica.

Code Geass

Xuño 12th, 2008

900470e6f50a1c1b3b6536cd2e174e27o

Ola,

despois dun tempo de descanso tocame volver falarvos dun novo anime, neste caso tratase da primeira tempada de Code Geass.

E de qué trata Code Geass? Pois ben, a primeira vista e o típico anime de mechas, xénero que ultimamente me esta sorprendendo moi gratamente, so que neste anime nos atopamos cunha trama moi coidada e cun persoaxe principal do máis retorcido. Este anime situanos nun futuro no que o imperio de Britannia ten conquistado medio mundo e teno organizado nun sistema de provincias similar o do imperio romano. O noso protagonista, Lelouch, é un principe de Britannia que oficialmente está morto pero que se esconde na zona 11 (Xapón), e certo día atopase con C.C. coa que fai un contrato de tal maneira que se fai cun Geass. Isto fai que Lelouch, que é todo un gran estratega, acelere os seus plans de vinganza contra Britannia, e faille crear a orde dos cabaleiros negros, unha especie de grupo de liberación Anti-Britannia.

Pois con todo isto que vos conto fraguase unha gran historia onde se ve a evolución de Lelouch no camiño a ser máis cruel, e a capacidade de manipulación de C.C., e bueno, como en toda guerra realmente non podemos decir que os protagonista sexa o bo e o antagonista sexa o malo, en realidade ningún se libra de cometer algún acto cruel.

En fin que a serie esta moi ben e estou desexando porme coa segunda tempada, que o final desta te deixa bastante jodido, e co manga.

E aquí vos deixo con algunha captura da serie:

bscap0037bscap0036
bscap0035bscap0034

Deica.

Un Galego no MundoDisco, “A Cor da Maxia” e “A Luz Fantástica”

Xuño 3rd, 2008

Ola,

con esta entrada vou dar comezo a unha nova categoría que englobara os posts sobre as novelas de MundoDisco, de Terry Prattchet. Penso seguir o orde de publicación que tamén é o orde no que as vou lendo, e hoxe comezaremos falando de “O color da maxia” e “A luz fantástica”.

01dbpeqLuz_Fantastica_0

Pois para que vos adentredes mellor no MundoDisco, vouvos a poñer un pouco en antecedentes; o disco é un mundo que cruza o universo montado sobre catro elefantes xigantes que a sua vez están montados sobre o caparazón de Gran A’Tuin, A Gran Tartaruga. Pois dentro deste mundo improbable, onde as posibilidades de un entre un millón son unha certeza, viven os protagonistas destas novelas cargadas de ironía.

E todo comeza coa chegada de Twoflowers, primeiro turista do disco, a Ank-Morpork, e alí é onde se atopa con Rincewind, alguén cunha habilidade impresionante sair ben parado das situacións máis desesperadas. Unha das frases máis acertadas de Rincewind nesta primeira novela é o que responde cando lle preguntan pola definición de turista, definindoo case a perfección como idiota. Esto pode darnos unha idea do que pinta Twoflowers en Ank-Morpork, e qué quere ver realmente, vamos: os “heroes” (vulgares ladrons), as típicas tabernas (antros do peorciño), e as habituais pelexas de taberna, algo cando menos perigoso, tendo en conta que Ank-Morpork é unha cidade de asesinos, ladrons e máis ladrons comerciantes. Pois todo isto mezclado co Equipaxe (de madeira de peral sabio), a Morte, e un incendio xusto comezar a novela, fan que te comeces a rir no primeiro paragrafo e non pares ate o final da novela.

Na “Luz Fantástica”, que viría sendo a continuación do “Color da Maxia”, volvemos ter os mesmos protagonistas, cun Twoflowers algo máis espabilado, ainda que non demasiado, cun Rincewind igual de cagueta e cunha nova incorporación, Cohen, O Bárbaro, unha lenda vivinte, e como non con 80 anos. E decir, situacións ainda máis divertidas e retorcidas.

Gustariame falarvos moito máis destas novelas pero non quero desvelar nada da historia e que sexades vos os que descubrades.

Deica.


WordPress Loves AJAX