“A nova illa do tesouro”
Ola,
Shin Takarajima é considerado o primeiro manga de Osamu Tezuka, ainda que isto non é certo, de feito publicaba algún outro manga en revistas, o que si é certo é que con este manga marcou un antes e un despois no mundo da banda deseñada xaponesa, foi o primeiro en contar unha historia de certa lonxitude inaugurando unha nova fórmula para facer manga.
Comecei lendo esta historia esperandome que fora unha historia infantil pero con certo sentido e cun trasfondo interesante, e si que é unha historia infantil pero con moi pouco sentido e cunha historia cando menos moi peculiar, incluso metendo de por medio unha especie de Tarzán, e demasiado simple para o meu gusto. Si é certo que cumpre o seu cometido como manga infantil, pero pareceme que lle falta un punto en comparación con obras máis maduras de Tezuka, mais si é recomendábel se che interesa seguir a traxectoria de Osamu Tezuka, co cal podemos constatar que o deus do manga comezou sendo humano, e con historias, que aínda que tiveron éxito, deixavan bastante que desexan en canto a calidade.
Aquí deixo a miña crítica a este manga, que como ben dixo Tezuka, está sobrevalorado.
Deica.
