*Meme* Filmes

Despois de máis de un ano sen escribir aquí me tedes de novo, desta vez para escribir un pequeno top sobre filmes a petición do meu amorciño.

Antes de comezar con el gustaríame aclarar que en moitas categorías non hai un claro vencedor, a excepción de 2001, polo tanto en realidade na maioría das categorías hai filmes que poderían estar ó mesmo nivel que as elixidas.

Mellor filme:

2001-a-space-odyssey-posters

Sen lugar a dubidas este é o meu filme favorito de tódolos tempos, en realidade tamén estaría de primeira en Ci-Fi e en Space Opera pero por iso de non repetir película decidín por nesas categorías outros filmes que non se acercan o nivel deste pero que tamén me gustaron moito.

Mellor filme de acción:

never-say-never-again

Esta categoría foi das máis difíciles para min, basicamente por coincidir con títulos doutras categorías como pode ser a de aventuras, pero quixen deixar constancia do que me gusta Sean Connery como actor de acción e do boas que son as pelis de 007 con este actor facendo o papel principal.

Mellor filme de aventuras:

indiana-jones-3

Penso que as pelis de Indi non deixaron indiferente a ninguén poría toda a saga pero penso que esta é a que mellor acabada está.

Mellor filme bélico:

Apocalypse_now_redux

Pouco hai que dicir deste filme pero gustaríame destacar a sabia elección da súa banda sonora con mención especial á “Cabalgata das Valquirias” que, no meu caso, quedou gravada no meu cerebro ate tal punto de ser, a opera da que está extraida, unha das miñas favoritas.

Mellor filme biográfico:

gandhi

Este filme  recolle, de maneira maxistral, a vida dun dos personaxes máis revolucionarios da historia que fixo dunha utopía unha realidade.

Mellor filme cómico:

casino-royale-1967

So tedes que votarlle unha ollada ó plantel de actores para darvos conta do grande que é esta película.

Mellor filme de space opera:

Movie-Poster-Star-Wars-6-Return-Of-The-Jedi

Toda a “segunda” triloxía da guerra das galaxias podería estar aquí pero decidín por “O retorno do jedi”, por que? Pois porque saen os ewoks.

Mellor filme de ciencia-ficción:

paprika (2007) 3

Difícil tamén esta categoría, deixando fora a 2001, habería unha chea de filmes que poderían estar aquí, decidín por Paprika practicamente votándoo a sortes e deixando fora filmes coma Blade Runner, Matrix, A guía do autostopista galáctico e moitas máis que estarían a un nivel similar.

Mellor filme deportivo:

B00003CX96.01._SS500_SCLZZZZZZZ_V1056662430_

Aquí decanteime por un filme sobre ciclismo, é un dos meus deportes favoritos, quizabes o segundo despois do atletismo (pero aínda non fixeron ningún filme sobre lanzadores de martelo ou polo menos eu non coñezo a súa existencia.

Mellor filme dramático:

VIDAESBELLA,LA

Roberto Benigni é un xenio do humor e iso fai que este filme sexa moito máis dramático aínda.

Mellor filme histórico:

1255368756

Como avisar humoristicamente dunha catástrofe pola humanidade e para a humanidade, a pesares dos esforzos ninguén se deu conta critica.

Mellor filme independente:

four_rooms

Aínda me fascina esa capacidade de resolución do protagonista no derradeiro corto que fai o que debe facer sen unha mínima sinal de dúbida.

Mellor filme de temática xudicial:

2lc37n6

Mostra coma ninguén o funcionamento dun imperio (ou un estado con aspiracións imperiais) na Europa actual.

Mellor filme de temática relixiosa:

profecia

Estaba entre esta é “O exorcista” pero no seu momento “A profecía” impactoume moitísimo máis.

Mellor filme musical:

algar1

Este é sen lugar a dubidas o mellor filme de Disney, a coordinación que hai entre a música e a animación fan dela unha película digna de admirar.

Mellor filme baseado en banda deseñada:

sin_city

Penso que esta é a mellor adaptación de un cómic a filme, tanto en animación como en imaxe real, a adaptación de 300 tamén está moi lograda pero, como filme, este gustoume máis.

Mellor filme romántico:

love_actually_movie

E onde está esta poderían estar unha chea de comedias románticas, todas elas inglesas, e algunha non tan comedia coma “O ceo sobre Berlín” ou o seu remake “Cidade de anxos”.

Mellor filme de terror:

tesis

Hai outras que me gustaron moito, pero “Tesis” sen dúbida foi a que máis me impactou.

Mellor filme thriller:

poster_el_silencio_de_los_corderos

Hannibal Lecter é un psicópata caralludo, e a interpretación de Anthony Hopkins e impresionante.

Mellor filme de cine noir:

Los_intocables_de_eliot_ness

Neste xénero tíveno moi difícil, en realidade ningunha película deste tipo me marcou o suficiente, aínda que debo dicir que non vin “O padriño”, filme que probablemente me faría trocar a decisión.

Mellor filme en branco e negro:

el_jovencito_frankenstein

Está é unha das mellores películas de humor da historia, unha marabilla en branco e negro.

Mellor filme do oeste:

imgseven samurai1

Todo un western ambientado en xapón dun autor que fixo que a cultura e a forma de pensar xaponesas saísen dun pais tradicionalmente pechado ó exterior.

Mellor filme de animación:

ghost-in-the-shell-le-film_

Esta é unha das xoias da animación xaponesa e que para min marcou un antes e un despois na maneira de tomarme as obras de animación, aínda que debería compartir trono con obras da calidade de “Akira” ou “Os mestres do tempos”.

Mellor filme sobre o xogo:

sting

Robert Redford e Paul Newman forman un duo perfecto e esta é a única película que se me ocorre sobre xogo.

Mellor filme de autor:

8 b El Dormilon

Aquí creo que se podería poñer calquera filme de Woody Allen pero esta foi a primeira que vin e a que mellores recordos me trae.

E aquí remato este pequeno ranking no que sen dúbida se quedan fora moitísimos filmes merecedores de recoñecemento e coa certeza de que se o volvera a facer cambiaría moitas das películas, aínda que é bastante complicado que exista alguén capaz de desbancar a 2001 dese trono.

2 Comentarios to “*Meme* Filmes”

  1. Rubén di:

    Anda, pero se sigues vivo. Unha aperta!

  2. tmmachine di:

    Xa ves que si, vivo e coma sempre. XD

    Deica.

Escribir un Comentario