Arquivo da categoría ‘21st Century Boys’

“20th Century Boys” e “21st Century Boys”

Mércores, Outubro 8th, 2008

KaosFriendWhite

Ola,

Seguimos con máis manga desta vez falarei dun dos mellores manga que teño lido e que fun coleccionando con Wish o longo dos últimos meses: 20th Century Boys.

Neste manga presentannos a Kenji un home totalmente corrente, sen moitas ambicións, pero que se ve envolto nunha trama de asasinatos relacionados cunha secta que ten como emblema un simbolo deseñado por el e a sua banda de amigos de mozos. Aquí comeza todo unha historia de tramas políticas, asasinatos e atentados con Kenji e os seus amigos como defensores do ben e da terra.

Neste manga, Naoki Urasawa, enrredanos na trama de Amigo ate o final mantendonos na intriga de saber quen é o verdadeiro Amigo, e como Kenji tratara de enfrontarse a el para ser o heroe da xustiza que profetizou cando era mozo. A verdade é que con el me quedei enganchado ate o final, que a pesar do que moitos din, é do mellorciño que teño visto en manga ainda coa inclusión de 21st Century Boys.

Recoméndovos encarecidamente esta manga por que é do mellorciño que caera nas vosas mans.

Deica.