Boas,
esta vai ser a derradeira das entradas deste pequeno ciclo Tezuka, e para cambiar un pouco a liña das anteriores, onde falabamos do manga máis infantil de Tezuka, imos falar do chamado Tezuka escuro, unha época do autor onde os mangas eran moito máis adultos e cunha gran dose de crítica social. Imos falar de MW.
En MW presentásenos un Xapón a mediados dos 70, e vemos a evolución do noso protagonista e malo da historia, dende mozo onde cae vítima dunha arma química que por accidente é activada nunca base militar americana nunha illa remota de Xapón; este accidente provoca que este rapaz se vaia volvendo un sádico moi intelixente que consegue triunfar en todo o que se propón, pero que ademais leva unha vida nas sombras coma asasino. Ademais deste cruel individuo o manga preséntanos a un cura católico vinculado a el dende o a accidente coa arma química e co que mantén relación homosexuais, o que trae de cabeza ó cura que intenta afastarse inutilmente del.
Xa so con está pequena sinopse é facil observar a forte critica social por parte de Tezuka neste manga, onde ademáis fala dunha trama política relacionada con sucesos reais da política xaponesa dos anos 70.
Non fai falla que diga que este é o meu parecer un dos mellores mangas de Tezuka, onde se pode ver un guión moito máis traballado que nos seus inicios, cun debuxo moito máis detallado, e onde se ve un claro salto de calidade.
Deica.




