Arquivo da categoría ‘Next World’

“Lost World”, “Metropolis” e “Next World”

Luns, Outubro 6th, 2008

308-1160-1350-1

Boas,

seguindo con este pequeno ciclo de Osamu Tezuka, hoxe falarei da mal chamada triloxia de ciencia ficción composta por Lost World, Metropolis e Next World. Estes tres manga o único que teñen en común é que comparten maioria dos persoaxes, que incluso fan distintos papeis dentro de cada manga, pero non hai ningunha relación entre as tres historias.

Lost World

En Lost World situanos dentro dun futuro no que un planetoide está a piques de reatoparse coa Terra despois de terse separado dela millóns de anos antes, esto provoca unha serie de reaccións en especial co descubrimento de que este planetoide é rico nun mineral cun alto contido enerxetico. Co fin de facerse con ese mineral e de investigar este planetoide, desenrolase un proxecto no que se intentan infiltrar certos grupos mafiosos, dando lugar a multiples aventuras dos protagonistas do manga.

Como Shin Takarajima, este é un manga infantil dos primeiros anos de Tezuka, aínda que se nota que este manga esta moito máis traballado, e apreciase certa evolución entre as dúas obras.

Metropolis

Este manga tamén está situado nun futuro cercano, no que unha organización terrorista liderada polo Barón Roxo intenta dominar o mundo. Este malvado, caracterizado pola sua gran nariz, pidelle ó mellor científico do mundo que consiga facer un humano artificial con poder incluso para cambiarse de xenero. Mentres este cientifico esta encerrado co proxecto comezan a verse unhas manchas negras no sol que provocan cambios nos animais da terra, facendoos de tamaños xigantescos. Nesta situación contansenos as aventuras dese humano artificial, o desengano que leva o descubrir que non é humano de verdade, e na crueldade humana para conseguir os seus fins.

Aquí Tezuka ainda parece moi verde e ademáis a historia parece que lle falla algo, deberia ser moito máis longa e que non sucederan as cousas tan repentinamente, sen darnos tempo a coñecer e ver cambiar os personaxes.

Next World

Neste Manga situado tamen no futuro non moi lonxano de das duas anteriores, descubrese unha nova especie, superior a humana, coas consecuencias que iso conleva, os humanos quedarian como gando para esos seres. Mentres esta especie planea o dominio da Terra, os homes seguen envoltos nas súas disputas estupidas e sen razón que o único que poden levar e a morte. Nunha critica clara a guerra fria, Tezuka, presentanos persoaxes nos dous bandos, que acaban por loitar xuntos para salvar a Terra é a humanidade.

Aquí xa asoma un pouco o Tezuka que veremos máis adiante, aínda que me segue parecendo bastante verde, de todas maneiras, penso que este é o mellor dos tres mangas, onde a historia esta ben traballada, e ten menos incoherencias.

Finalmente aclarar que nin Lost World ten que ver co libro de Sir Arthur Conan Doyle, nin Metropolis co filme de Fritz Lang, solo foron títulos que lle gustaron o autor e decidiu poñelos.

Espero que vos sirva de algo este pequeno comentario dos mangas e se vos gusta Tezuka son imprescindibels.

Deica.