Ola,
hoxe falarei de duas recopilacións de relatos cortos de Rumiko Takahashi, unha das miñas Mangaka favoritas, e que tamén é responsábel de cousas como Ranma 1/2, Urusei Yatsura e Maison Ikkoku.
As recopilacións en cuestión son 1 or W e A traxedia de P, aquí atopamonos relatos do máis raros, seguindo sempre o estilo de Rumiko, nese punto de comedia romantica moitas e incluso con transformacións polo medio, cabe destacar o cotillas que son as vellas en case todalas historias, e de feito nunha delas armase un lio ben gordo por conta das faladurias probocadas por algunha das mulleres. O que si vos podo asegurar é que pasaredes un moi bo rato lendoas e que merecen a pena calquera das duas recopilacións, Rumiko non nos decepciona, e sacaranos o sorriso con moitas das historias.
Deica.





