Ola,
con esta entrada vou dar comezo a unha nova categoría que englobara os posts sobre as novelas de MundoDisco, de Terry Prattchet. Penso seguir o orde de publicación que tamén é o orde no que as vou lendo, e hoxe comezaremos falando de “O color da maxia” e “A luz fantástica”.


Pois para que vos adentredes mellor no MundoDisco, vouvos a poñer un pouco en antecedentes; o disco é un mundo que cruza o universo montado sobre catro elefantes xigantes que a sua vez están montados sobre o caparazón de Gran A’Tuin, A Gran Tartaruga. Pois dentro deste mundo improbable, onde as posibilidades de un entre un millón son unha certeza, viven os protagonistas destas novelas cargadas de ironía.
E todo comeza coa chegada de Twoflowers, primeiro turista do disco, a Ank-Morpork, e alí é onde se atopa con Rincewind, alguén cunha habilidade impresionante sair ben parado das situacións máis desesperadas. Unha das frases máis acertadas de Rincewind nesta primeira novela é o que responde cando lle preguntan pola definición de turista, definindoo case a perfección como idiota. Esto pode darnos unha idea do que pinta Twoflowers en Ank-Morpork, e qué quere ver realmente, vamos: os “heroes” (vulgares ladrons), as típicas tabernas (antros do peorciño), e as habituais pelexas de taberna, algo cando menos perigoso, tendo en conta que Ank-Morpork é unha cidade de asesinos, ladrons e máis ladrons comerciantes. Pois todo isto mezclado co Equipaxe (de madeira de peral sabio), a Morte, e un incendio xusto comezar a novela, fan que te comeces a rir no primeiro paragrafo e non pares ate o final da novela.
Na “Luz Fantástica”, que viría sendo a continuación do “Color da Maxia”, volvemos ter os mesmos protagonistas, cun Twoflowers algo máis espabilado, ainda que non demasiado, cun Rincewind igual de cagueta e cunha nova incorporación, Cohen, O Bárbaro, unha lenda vivinte, e como non con 80 anos. E decir, situacións ainda máis divertidas e retorcidas.
Gustariame falarvos moito máis destas novelas pero non quero desvelar nada da historia e que sexades vos os que descubrades.
Deica.