
Boas, hoxe vou falar desta cuarta entrega das películas de Indiana Jones…
Esta entrega estreouse en cines este 22 de Maio, como non podía ser doutra maneira, sendo tanto Wish coma eu fans da saga, acudimos a vela en canto tivemos oportunidade.
Debo decir primeiro que non me esperaba demasiado desta película, de feito estaba convencido que se ian cargar a saga, a pesar de ser dirixida por Spielberg, (director que, por certo, me gusta cada día menos), pero o final podo decir que conseguiu mante-lo tipo bastante ben.
Agora comentando a película máis polo miudo, ó principio da película, (as primeiras esceas vamos), podese decir que non estan mal, algunha sobrada que outra, pero vamos o estilo de Indi, o que si me parece un crime dese principio e meterlle un pasado o protagonista, que nin me espera nin ten sentido ningún, terminano convertindo en espía e incluso en “Coronel Jones”, e isto é algo que non pega cun persoaxe que ven sendo arqueólogo, profesor de universidade e ladrón de tumbas, e ahí para e non lle queiras meter máis cousas enriba. Despois o resto da película digamos que se enlazan as cousas de tal maneira que cando rematas de vela parece que faltan cousas por contar e tes ganas de máis, e non por qué sexa corta, se non por que penso que lle faltan as típicas esceas de Indi investigador, onde resolve uns enigmas do copón indo de sobrado, e iso para min era unha parte importante das películas de Indiana Jones, e ademáis o que máis me gustaba.
E bueno, xa facendo unha conclusión final, direi que a peli cumpre e que un non se sinte decepcionado de ir a vela o cine, pero que lle falta moito para chegar o nivel das anteriores, e non pola idade de Harrison Ford, que coño, ademáis de ser un actorazo, non pegaria meter a alguén máis xoven para este papel, nas esceas de acción cumpre como debe de ser.
Pois con istas imaxes da película despidome ate o seguinte post.


Deica.