Arquivo da categoría ‘Outros’

*Meme* Filmes

Domingo, Abril 4th, 2010

Despois de máis de un ano sen escribir aquí me tedes de novo, desta vez para escribir un pequeno top sobre filmes a petición do meu amorciño.

Antes de comezar con el gustaríame aclarar que en moitas categorías non hai un claro vencedor, a excepción de 2001, polo tanto en realidade na maioría das categorías hai filmes que poderían estar ó mesmo nivel que as elixidas.

Mellor filme:

2001-a-space-odyssey-posters

Click to continue reading “*Meme* Filmes”

Amor de gata.

Xoves, Novembro 13th, 2008

Seguindo o consello de Wish vou a deixar aquí o resultado dun test sobre as posibilidades que hai de que Chi, a nosa gata infernal, intente matarme:

Is your cat plotting to kill you?

E vendo a cantidade de mordiscos que teño polos brazos penso que acerta. XDDD

Deica.

Un Galego no Mundodisco III, “Mort”.

Venres, Outubro 10th, 2008

dc83c5d9a7699e43dd44ff70fcfd651d_full

Ola,

Imos con outro capítulo máis desta sección que a tiña algo abandoada. Desta vez vou falar de Mort, unha das novelas que se desenvolven no entorno da Morte.

Nesta novela Prattchet presentanos a Mort, un rapaz de campo bastante inutil que termina co seu pai nunha feira na busqueda de traballo, casualmente, a Morte, que precisaba un axudante acaba contratandoo, por que, certamente, o rapaz da o pego para cando menos a parentar ser a morte xa que so se lle ven os osos. Con todo esto atopamonos coas dificultades de Mort primeiro para entende-lo traballo e logo para levalo a cabo nalgúns casos, o cal desencadena un conflicto coa cuasi-realidade do Mundodisco.

Coma sempre, Terry Prattchet, sorprendenos co seu humor retranqueiro e desta vez cun maior protagonismo dun dos mellores persoaxes deste mundo, a Morte.

Deica.

Un Galego no Mundodisco II, “Ritos Iguais”

Martes, Xullo 29th, 2008

Equal_Rites_full

Ola,

imos retomar esta categoría, e o blog que teño algo olvidado, falando nesta ocasión do terceiro libro, por orde de edición, das novelas de Mundodisco.

Esta vez o señor Terry Pratchett deixa de lado as aventuras de Rincewind para introducirnos no universo das Bruxas do Mundodisco. Neste libro falase da igualdade de sexos, por qué no pode haber unha meiga ou un bruxo? Que ocorreria se nace unha muller predestinada a ser mago? Pois metamos todo isto no mundo de Terry Pratchett e saira unha das mellores novelas de Mundodisco.

Aquí presentasenos a Escarina, a sétima filla dun sétimo fillo, que por tradición deberia ser un mago, e ahí está o principio de todolos males, primeiro, as bruxas non queren que unha muller sexa “maga” e encarganse de adoctrinala intentando ensinarlle a maxia das bruxas e a “cabezoloxía”, na que Escarina se volve toda unha maestra, pero como esta predestinada a utilizar a maxia dos magos, terminan decidindo, ainda que non lles guste, levala a “Universidade Invisible”, onde se forman os magos e onde se concentra toda a xerarquia da maxía do Mundodisco, e alí é onde se atopan con que non acepta a entrada de mulleres, o que provoca un enfrentamento entre a bruxa, titora de Escarina, e o Arquicanceler da universidade.

Na miña opinión é un libro máis que recomendable, e que ademáis entra con ese tono retranqueiro de Terry Pratchett nun tema complicado como é o da igualdade.

Deica.

Un Galego no MundoDisco, “A Cor da Maxia” e “A Luz Fantástica”

Martes, Xuño 3rd, 2008

Ola,

con esta entrada vou dar comezo a unha nova categoría que englobara os posts sobre as novelas de MundoDisco, de Terry Prattchet. Penso seguir o orde de publicación que tamén é o orde no que as vou lendo, e hoxe comezaremos falando de “O color da maxia” e “A luz fantástica”.

01dbpeqLuz_Fantastica_0

Pois para que vos adentredes mellor no MundoDisco, vouvos a poñer un pouco en antecedentes; o disco é un mundo que cruza o universo montado sobre catro elefantes xigantes que a sua vez están montados sobre o caparazón de Gran A’Tuin, A Gran Tartaruga. Pois dentro deste mundo improbable, onde as posibilidades de un entre un millón son unha certeza, viven os protagonistas destas novelas cargadas de ironía.

E todo comeza coa chegada de Twoflowers, primeiro turista do disco, a Ank-Morpork, e alí é onde se atopa con Rincewind, alguén cunha habilidade impresionante sair ben parado das situacións máis desesperadas. Unha das frases máis acertadas de Rincewind nesta primeira novela é o que responde cando lle preguntan pola definición de turista, definindoo case a perfección como idiota. Esto pode darnos unha idea do que pinta Twoflowers en Ank-Morpork, e qué quere ver realmente, vamos: os “heroes” (vulgares ladrons), as típicas tabernas (antros do peorciño), e as habituais pelexas de taberna, algo cando menos perigoso, tendo en conta que Ank-Morpork é unha cidade de asesinos, ladrons e máis ladrons comerciantes. Pois todo isto mezclado co Equipaxe (de madeira de peral sabio), a Morte, e un incendio xusto comezar a novela, fan que te comeces a rir no primeiro paragrafo e non pares ate o final da novela.

Na “Luz Fantástica”, que viría sendo a continuación do “Color da Maxia”, volvemos ter os mesmos protagonistas, cun Twoflowers algo máis espabilado, ainda que non demasiado, cun Rincewind igual de cagueta e cunha nova incorporación, Cohen, O Bárbaro, unha lenda vivinte, e como non con 80 anos. E decir, situacións ainda máis divertidas e retorcidas.

Gustariame falarvos moito máis destas novelas pero non quero desvelar nada da historia e que sexades vos os que descubrades.

Deica.

Indiana Jones e O Reino da Caveira de Cristal

Martes, Xuño 3rd, 2008

hr_indiana_jones_poster

Boas, hoxe vou falar desta cuarta entrega das películas de Indiana Jones

Esta entrega estreouse en cines este 22 de Maio, como non podía ser doutra maneira, sendo tanto Wish coma eu fans da saga, acudimos a vela en canto tivemos oportunidade.

Debo decir primeiro que non me esperaba demasiado desta película, de feito estaba convencido que se ian cargar a saga, a pesar de ser dirixida por Spielberg, (director que, por certo, me gusta cada día menos), pero o final podo decir que conseguiu mante-lo tipo bastante ben.

Agora comentando a película máis polo miudo, ó principio da película, (as primeiras esceas vamos), podese decir que non estan mal, algunha sobrada que outra, pero vamos o estilo de Indi, o que si me parece un crime dese principio e meterlle un pasado o protagonista, que nin me espera nin ten sentido ningún, terminano convertindo en espía e incluso en “Coronel Jones”, e isto é algo que non pega cun persoaxe que ven sendo arqueólogo, profesor de universidade e ladrón de tumbas, e ahí para e non lle queiras meter máis cousas enriba. Despois o resto da película digamos que se enlazan as cousas de tal maneira que cando rematas de vela parece que faltan cousas por contar e tes ganas de máis, e non por qué sexa corta, se non por que penso que lle faltan as típicas esceas de Indi investigador, onde resolve uns enigmas do copón indo de sobrado, e iso para min era unha parte importante das películas de Indiana Jones, e ademáis o que máis me gustaba.

E bueno, xa facendo unha conclusión final, direi que a peli cumpre e que un non se sinte decepcionado de ir a vela o cine, pero que lle falta moito para chegar o nivel das anteriores, e non pola idade de Harrison Ford, que coño, ademáis de ser un actorazo, non pegaria meter a alguén máis xoven para este papel, nas esceas de acción cumpre como debe de ser.

Pois con istas imaxes da película despidome ate o seguinte post.

gal569_2gal569_1

Deica.

O Viraventos (RadioFusión)

Sábado, Xuño 2nd, 2007

1141414290298

Boas, despois de unha temporada sen actualizar, por petición popular (mellor dito da miña pequena) toca actualización, e hoxe, escribindo en galego, vou falar dunha pequena colaboración que levo facendo dende hai uns meses co programa de radio O Viraventos, de Radio Fusión.
Pois para comexar contovos como se me deu por colaborar con este programa e de que vai máis ou menos a miña sección. Pois un bo día chamaronme o movil comentandome a idea do programa e de se podia facer unha representación semanal en representación da Asociación Alebade, da que xa teño falado por aqui, en fin despois de telo pensado un pouco decidinme por comenzar a falar para eles comentando cousas sobre banda deseñada en xeral, non so manga (que pode ser do que máis sei) se non tamen falando de comic americano, europeo e videoxogos, incluso falando nalgun programa sobre cultura xaponesa. Durante todo este tempo tamen fixen algun programa sobre o expocomic e o expomanga de Madrid e incluso sobre o Saló del Comic de Barcelona, a pesares de non ter ido. Tamen contei coa colaboración dunha boa amiga, Erica, nun programa sobre cosplay, dado que os meus coñecementos nese mundo son máis ben escasos.
Porque falo disto, pois porque segundo as últimas noticias que teño, RadioFusión vai a comezar a emitir a traves da internet, e os que queirades poderedes escoita-la miña sección no programa, que soe ser todolos xoves entre as 19:00 e as 21:00, (isto é o que dura o programa enteiro, a miña sección que dura 10 min aprox. esta dentro), o programa faise en directo e esta dirixido os xuventude, é en un tono bastante colocial.
Se queredes escoitar o programa estade atentos a paxina de RadioFusión, ainda que sei que haberá moitos que non esten de acordo coas miñas opinións e que moitas veces cometo gambazos tremendos. Tamen para os non galego-falantes aviso de que o programa esta feito en galego e probablemente non o entendades (e curioso que de este aviso en galego, verdade?, se alguen o quere traducir que o poña traducido nos comentarios.)

Pois espero que vos guste o programa os que o sigades.

Deica.

P.D.: Aqui tes o post, miña prometida.

U2- “Wirth or Without You”

Martes, Decembro 19th, 2006

Boas de novo, moitos preguntaredesvos a que ven este post, e cal é a razón de que o escribira en galego, a resposta e sinxela esta dirixido a unha persoa que ademais entende galego e que debe entender este post como un aperitivo do que podera observar dentro de uns dias.

Deica.

P.D.: Nin se che ocurra comparar. XD.

Monkey Island

Luns, Decembro 18th, 2006

Boas, bueno me encontré esto por internet y me hizo recordar mi mas tierna infancia ( si es que tuve de eso) y este fue el primer juego que tuve en propiedad, y el primero que me acabe en mi vida pos aquí os dejo el vídeo que encontré con esa gran banda sonora reggae tan pegadiza.

Deica.

Cartel de ALEBADE

Xoves, Xaneiro 26th, 2006

Cartel

Bueno no se porque sale con estos colores tan chungos lo intenteare corregir un dia de estos.

Deica.