Wish & TMM “Música de Anime”

Septiembre 6th, 2008
No Gravatar

Portada Web

Boas,

despois dunhas vacacións blogueiras, volvo para traervos unha pequena sorpresa. Xa hai un tempo que Wish máis eu temos preparadas unhas compilación con parte da nosa música favorita de anime, tiñamos idea de facerlle unhas caratulas e preparalo para que quedara bonito nunha caixa, e logo dixemonos: Por qué non imos a compartir esto coa xente que lle guste a traves dos blogs? E aquí nos tedes a Wish e a min sacando estes dous cds, un coa compilación de Wish e outro coa miña compilación. Dentro do arquivo onde está a música atoparedesvos tamén cunha carpeta onde vas as caratulas en jpg, e un libreto coa letra das cancións.

Deixovos unha imaxe da contraportada, onde veredes a lista de pistas, e doas imaxes dalgunha páxina do libreto:

Contraportada web

Libreto 02-35Libreto 18-19

Aquí o enlace a Descarga Directa: Wish&TMM “Música de Anime”

E aquí o e-link:Wish&TMM Música de Anime.rar

Espero que vos gusten moito estas compilacións.

Deica.

Un Galego no Mundodisco II, “Ritos Iguais”

Julio 29th, 2008
No Gravatar

Equal_Rites_full

Ola,

imos retomar esta categoría, e o blog que teño algo olvidado, falando nesta ocasión do terceiro libro, por orde de edición, das novelas de Mundodisco.

Esta vez o señor Terry Pratchett deixa de lado as aventuras de Rincewind para introducirnos no universo das Bruxas do Mundodisco. Neste libro falase da igualdade de sexos, por qué no pode haber unha meiga ou un bruxo? Que ocorreria se nace unha muller predestinada a ser mago? Pois metamos todo isto no mundo de Terry Pratchett e saira unha das mellores novelas de Mundodisco.

Aquí presentasenos a Escarina, a sétima filla dun sétimo fillo, que por tradición deberia ser un mago, e ahí está o principio de todolos males, primeiro, as bruxas non queren que unha muller sexa “maga” e encarganse de adoctrinala intentando ensinarlle a maxia das bruxas e a “cabezoloxía”, na que Escarina se volve toda unha maestra, pero como esta predestinada a utilizar a maxia dos magos, terminan decidindo, ainda que non lles guste, levala a “Universidade Invisible”, onde se forman os magos e onde se concentra toda a xerarquia da maxía do Mundodisco, e alí é onde se atopan con que non acepta a entrada de mulleres, o que provoca un enfrentamento entre a bruxa, titora de Escarina, e o Arquicanceler da universidade.

Na miña opinión é un libro máis que recomendable, e que ademáis entra con ese tono retranqueiro de Terry Pratchett nun tema complicado como é o da igualdade.

Deica.

Evangelion:1.0 - You Are (Not) Alone

Julio 2nd, 2008
No Gravatar

Prelude_to_Destruction_11099[theAnimeGallery.com]

Ola,

imos comezar o mes de Xullo falando da primeira das catro películas que compoñen o remake de Evangelion, serie que no seu momento me encantou e que ainda esta entre as miñas favoritas.

Teño que decirvos, que nun principio, eu non estaba moi a favor da creación destes longametraxes, penso que Gainax, a productora deste anime, deberia deixar explotar Evangelion e adicarse a creación de novas series, cousa que fixo moi ben con Gurren, por exemplo.

Agora entrando máis no que se refire a esta película, situanos na primeira parte da serie antes de que apareza Asuka; e vos preguntaredesvos como se amañaron para meter tanto nalgo máis de hora e media que dura este longametraxe; pois o que fan e recortar e moito todos os momentos nos que non saen os EVA’s loitando, con cal temos por exemplo, que Shinji e moito máis papahostias dende o principio, e o caracter de Rei é menos interesante, ademáis o pouco protagonismo que puideran ter os compañeiros de clase desaparece por completo. Vamos que como pasa sempre con este tipo de adaptacións, parece que lle falta por contar a metade da historia.

Con respecto a cuestións máis tecnicas, como a animación e o deseño dos EVA’s e os persoaxes, podo decir que si me gustaron os da película, de feito penso que neses aspectos mellora en moito a serie, en especial o deseño dalgún dos anxos e moi bo.

Como resumo decirvos que, se non a comparas coa serie, esta película esta moi ben ten unha animación moi boa, e vamos a historia e igual que na serie polo tanto tamén está ben; pero claro o non ter a extensión da serie penso que te quedas a medias, querendo saber máis en profundidade o que pasa. E fin, que me ratifico no que decia o principio, e os señores de Gainax deberian deixar a Evangelion onde estaba, que estaba moi ben, e seguir pola liña da innovación, como en Tengen Toppa Gurren Lagann.

Como sempre deixovos cunhas cantas capturas da película.

bscap0045bscap0044bscap0043bscap0042bscap0041bscap0039bscap0038

Deica.

Code Geass

Junio 12th, 2008
No Gravatar

900470e6f50a1c1b3b6536cd2e174e27o

Ola,

despois dun tempo de descanso tocame volver falarvos dun novo anime, neste caso tratase da primeira tempada de Code Geass.

E de qué trata Code Geass? Pois ben, a primeira vista e o típico anime de mechas, xénero que ultimamente me esta sorprendendo moi gratamente, so que neste anime nos atopamos cunha trama moi coidada e cun persoaxe principal do máis retorcido. Este anime situanos nun futuro no que o imperio de Britannia ten conquistado medio mundo e teno organizado nun sistema de provincias similar o do imperio romano. O noso protagonista, Lelouch, é un principe de Britannia que oficialmente está morto pero que se esconde na zona 11 (Xapón), e certo día atopase con C.C. coa que fai un contrato de tal maneira que se fai cun Geass. Isto fai que Lelouch, que é todo un gran estratega, acelere os seus plans de vinganza contra Britannia, e faille crear a orde dos cabaleiros negros, unha especie de grupo de liberación Anti-Britannia.

Pois con todo isto que vos conto fraguase unha gran historia onde se ve a evolución de Lelouch no camiño a ser máis cruel, e a capacidade de manipulación de C.C., e bueno, como en toda guerra realmente non podemos decir que os protagonista sexa o bo e o antagonista sexa o malo, en realidade ningún se libra de cometer algún acto cruel.

En fin que a serie esta moi ben e estou desexando porme coa segunda tempada, que o final desta te deixa bastante jodido, e co manga.

E aquí vos deixo con algunha captura da serie:

bscap0037bscap0036
bscap0035bscap0034

Deica.

Un Galego no MundoDisco, “A Cor da Maxia” e “A Luz Fantástica”

Mayo 28th, 2008
No Gravatar

Ola,

con esta entrada vou dar comezo a unha nova categoría que englobara os posts sobre as novelas de MundoDisco, de Terry Prattchet. Penso seguir o orde de publicación que tamén é o orde no que as vou lendo, e hoxe comezaremos falando de “O color da maxia” e “A luz fantástica”.

01dbpeqLuz_Fantastica_0

Pois para que vos adentredes mellor no MundoDisco, vouvos a poñer un pouco en antecedentes; o disco é un mundo que cruza o universo montado sobre catro elefantes xigantes que a sua vez están montados sobre o caparazón de Gran A’Tuin, A Gran Tartaruga. Pois dentro deste mundo improbable, onde as posibilidades de un entre un millón son unha certeza, viven os protagonistas destas novelas cargadas de ironía.

E todo comeza coa chegada de Twoflowers, primeiro turista do disco, a Ank-Morpork, e alí é onde se atopa con Rincewind, alguén cunha habilidade impresionante sair ben parado das situacións máis desesperadas. Unha das frases máis acertadas de Rincewind nesta primeira novela é o que responde cando lle preguntan pola definición de turista, definindoo case a perfección como idiota. Esto pode darnos unha idea do que pinta Twoflowers en Ank-Morpork, e qué quere ver realmente, vamos: os “heroes” (vulgares ladrons), as típicas tabernas (antros do peorciño), e as habituais pelexas de taberna, algo cando menos perigoso, tendo en conta que Ank-Morpork é unha cidade de asesinos, ladrons e máis ladrons comerciantes. Pois todo isto mezclado co Equipaxe (de madeira de peral sabio), a Morte, e un incendio xusto comezar a novela, fan que te comeces a rir no primeiro paragrafo e non pares ate o final da novela.

Na “Luz Fantástica”, que viría sendo a continuación do “Color da Maxia”, volvemos ter os mesmos protagonistas, cun Twoflowers algo máis espabilado, ainda que non demasiado, cun Rincewind igual de cagueta e cunha nova incorporación, Cohen, O Bárbaro, unha lenda vivinte, e como non con 80 anos. E decir, situacións ainda máis divertidas e retorcidas.

Gustariame falarvos moito máis destas novelas pero non quero desvelar nada da historia e que sexades vos os que descubrades.

Deica.

City Hunter Anime

Mayo 28th, 2008
No Gravatar

Zed_Mangas_00223

Boas, hoxe vou saldar unha conta pendiente con esta serie, máis que nada por que sendo a miña serie favorita non podia estar relegada a ter un só post dos capítulos 1ó 7, polo tanto xa toca falar da animación, outro día falarei do manga.

A animación de City Hunter está composta por 140 capítulos, repartidos en 4 tempadas (City Hunter 1, City Hunter 2 e City Hunter 3 e City Hunter ‘91), e 6 longometraxes divididos, repartidos entre OVA’s, especiais de TV e películas, a estes dedicareilles un post a parte por que o merecen.

Pois presentemos os personaxes principiais, por un lado temos a Ryo Saeba, o noso protagonista, que se dedica a limpar a cidade da suciedade, e dicir, fai todo tipo de traballos suxos, dende asesinar por encargo ate ser gardaespaldas, por suposto sempre escolle clientas, que o seu parecer estean moi boas, por que ademáis é un pervertido descomunal; por outra parte temos a Kaori Makimura, a irmá do antigo compañeiro de Ryo, Hideyukui, que perde a vida nun dos primeiros episodios, a longo da serie vese a evolución deste persoaxe que se convirte en compañeira de Ryo, e termina namorandose del, inda que el sempre di que non pode ser home dunha soa muller. E logo temos os secundarios: Umibôzu, un “profesional” coma Ryo e un dos meus persoaxes favoritos; Miki, a que se convirte en esposa de Umibôzu; Saeko Nogami, axente de policía e antiga compañeira de Hideyuki cando este era policia, non esta demáis saber que Saeko sempre lle queda a deber “favores” a Ryo, ainda que nunca chega o momento no que llos pague; Reiko Nogami, a irmá de Saeko e actualmente investigadora privada.

Bueno a principal diferencia do anime co manga atopase en que non entran tanto nas historias coma no manga, facendo cada episodio autoconclusivo. Outra diferencia digna de mención é a censura dos momentos mokori de Ryo, vamos todalas suas ereccións, que eran algo moi importante no manga e que lle quita bastante gracia ó anime. Ainda tendo estos defectos, a serie esta bastante ben feita, cunha animación é un deseño de persoaxes impecable, vamos, que merece a pena verse as 4 tempadas deste anime.

E deixovos con algunha captura da serie, sentindoo moito son as mesmas que no post anterior, pero en canto volvan a caer nas miñas mans os dvds da serie actualizarei as capturas.

bscap054bscap056
bscap055

Deica.

Indiana Jones e O Reino da Caveira de Cristal

Mayo 27th, 2008
No Gravatar

hr_indiana_jones_poster

Boas, hoxe vou falar desta cuarta entrega das películas de Indiana Jones

Esta entrega estreouse en cines este 22 de Maio, como non podía ser doutra maneira, sendo tanto Wish coma eu fans da saga, acudimos a vela en canto tivemos oportunidade.

Debo decir primeiro que non me esperaba demasiado desta película, de feito estaba convencido que se ian cargar a saga, a pesar de ser dirixida por Spielberg, (director que, por certo, me gusta cada día menos), pero o final podo decir que conseguiu mante-lo tipo bastante ben.

Agora comentando a película máis polo miudo, ó principio da película, (as primeiras esceas vamos), podese decir que non estan mal, algunha sobrada que outra, pero vamos o estilo de Indi, o que si me parece un crime dese principio e meterlle un pasado o protagonista, que nin me espera nin ten sentido ningún, terminano convertindo en espía e incluso en “Coronel Jones”, e isto é algo que non pega cun persoaxe que ven sendo arqueólogo, profesor de universidade e ladrón de tumbas, e ahí para e non lle queiras meter máis cousas enriba. Despois o resto da película digamos que se enlazan as cousas de tal maneira que cando rematas de vela parece que faltan cousas por contar e tes ganas de máis, e non por qué sexa corta, se non por que penso que lle faltan as típicas esceas de Indi investigador, onde resolve uns enigmas do copón indo de sobrado, e iso para min era unha parte importante das películas de Indiana Jones, e ademáis o que máis me gustaba.

E bueno, xa facendo unha conclusión final, direi que a peli cumpre e que un non se sinte decepcionado de ir a vela o cine, pero que lle falta moito para chegar o nivel das anteriores, e non pola idade de Harrison Ford, que coño, ademáis de ser un actorazo, non pegaria meter a alguén máis xoven para este papel, nas esceas de acción cumpre como debe de ser.

Pois con istas imaxes da película despidome ate o seguinte post.

gal569_2gal569_1

Deica.

Angel Heart Manga

Mayo 24th, 2008
No Gravatar

12043shan_in

Boas, neste primeiro post desta nova etapa tocame falar dun manga que comezamos esta pasada semán a editar no fansub.

Angel Heart é un manga de Tsukasa Hojo (aquí información sobre o autor na Wikipedia), o autor de City Hunter, de feito este manga e unha especie de continuación de City Hunter onde nos volvemos a topar con Ryo Saeba, Saeko Nogami, Umibôzu, Miki, etc., ademáis conta coa aparición dalgún personaxe novo, como é a protagonista Angel Heart, antes coñecida como Glass Heart, unha recoñecida asesina. E como comeza esta historiae a que ven o nome se Angel Heart? Pois todo comeza con duas tramas moi tráxicas, que nos resolven tamén a cuestión sobre a elección do nome da serie; por unha parte, Glass Heart o chegar a cifra dos 50 asesinatos intenta suicidarse tirandose dende un edificio de tal maneira que cae sobre unha vaia de aceiro que lle atravesa o corazón, por outro lado esta Kaori Makimura, a compañeira de Ryo dentro da serie City Hunter, e ademáis un persoaxe bastante querido polos que nos gusta a serie, morre atropelada cando intenta salvar un neno. A que nos leva todo isto, pois a que a organización para a que traballa Glass Heart roube o corazón de Kaori para transplantarllo a Glass Heart, de ahí o nome da serie, despois disto a acción adiantanos un ano no tempo, onde Glass Heart segue en coma despois da operación, e onde descubrimos que parte da esencia de Kaori queda dentro dese corazón, algo que fai que Glass Heart comeze a querer vivir e que queira atoparse con Ryo Saeba, que como non segue facendo das suas por Shinjuku. E o que segue a continuación xa é algo que deberedes descubrir por vos mesmos.

Por se non vos quedou claro, esta serie e 100% recomendable, segue ate certo punto a linea de City Hunter, sendo esta historia moito máis dramatica.

Deixovos algunha imaxe do manga e a promesa de falar da versión animada non dentro de moito tempo.

Angel_Heart_v01c001_08

Aqui un dos momentos dramáticos, dos que vos falaba.

Angel_Heart_v01c001_41

E aquí como contraste vemos a Ryo Saeba en plena acción. XDDD

Deica.

O espertar e a mudanza.

Mayo 24th, 2008
No Gravatar

Ryo Saeba

Boas, despois de moito tempo durmindo xa era hora de espertar de novo o meu blog, e ademáis con bastantes cambios, así que comezarei por explicar esta nova etapa do blog, todolos cambios que terá nos contidos e na maneira de presentalos.

Para comezar, o tema máis visual, como poderedes observar hay un cambio radical no estilo gráfico do blog, nesta ocasión decidinme por facerme o meu propio template e retirar moitas cousas da barra lateral, que moitas veces case que molestaban, este cambio tamen foi posible pola migración a plataforma Wordpress, que o meu parecer e moito máis personalizable que blogger, o que tamen acarreou un cambio no aloxamento da páxina, e polo tanto na dirección da mesma. Polo momento estou moi contento co wordpress cousa que tamen me da ánimos para escribir.

No tema que se refire a presentación e contido dos posts tamén haberá cambios; primeiro, como podedes estar observando nesta primeira publicación, a partires de agora teño en mente escribir todo en galego, as razóns son evidentes, é a miña lingua nativa e me desenvolvo moito mellor nela, para todolos que non o entendan, pois sintoo, pero tamén teñen unha oportunidade para aprender un novo idioma, que se entendes castelán ou portugués non se diferencia en tanto; outro cambio importante dentro do tema dos posts vai a ser a regularidade dos mesmos, non teño intención de escribir este post e 2 máis e mandar a durmir o blog como teño feito con anterioridade, así que espero escribir con certa regularidade, isto non quere decir que vaia a escribir todolos días, pero tampouco unha vez o mes; en relación o contido dos post, a verdade é que non vai variar en exceso, na sua maior parte serán sobre manga e anime, e logo haberá algun que outro post solto sobre viaxes e demáis cousas algo máis persoais.

Bueno, despóis de toda está declaración de intencións, que espero que non se quede no olvido, comentovos algunha nova que sucedeu durante este tempo de blog durmido, o proxecto que levo na radio, continua, se ben é certo que non ten un día fixo, varia entre mércores e xoves, e últimamente estou entrando o programa a iso das 19:45, como antes tamén tedes a oportunidade de escoitalo por internet dende a web de RadioFusión (www.radiofusion.eu); outra nova da que teño que informar e a dun novo proxecto de fansub que iniciei en novembro coa miña querida Wish, este é o WnFB Fansub, como poderedes comprobar na barra lateral toparedes o enlace a web do fansub, nun principio comezamos editando manga pero agora estamos de cheo tamén no mundo do anime, dalgún destes proxectos falarei en próximos posts, como primicia adianto que estamos preparando algún lanzamento en galego, algo cando menos novidoso dentro deste mundillo, que espero que teña éxito e continuar con máis proxectos deste tipo, non se me esquece darlle as gracias a Ishvara, un moi bo amigo, por darnos a oportunidade de facer subtitulos en galego.

Bueno pois non me queda máis que decirvos neste post, nada máis que agradecervos que vos pasedes por aquí os que me len, e como non a Wish animarme a seguir co blog, quérote moito, pequena.

Deica.

Eureka Seven

Septiembre 20th, 2007
No Gravatar

eureka

Hola, después de unas largas vacaciones vuelvo por aquí con bastantes cosas que contar, entre otras, tengo que hacer un post sobre las vacaciones y mis desgracias con el PC, sobre un par de series que me trague sobre la nueva temporada del programa de radio, que definitivamente esta on line; y hoy voy a empezar por hablar de una de las series completas que conseguí ver robandole el PC a mi compañero de piso: Eureka Seven.

Bueno para empezar diré que había escuchado opiniones de todo tipo con respecto a esta serie, y este verano decidí ponerme con ella,ni es tan mala ni es tan buena, es una serie de mechas como casi cualquier otra desde Evangelion, con la que te puedes pasar el rato y echarte incluso unas risas con lo pringadillo que es al principio el prota. Uno de los detalles que mas curioso me pareció fue lo de los mechas haciendo surf en el aire, teniendo en cuenta que la mitad de mis compañeros de piso son surferos las risas con eso también fueron considerables. Con respecto a la historia decir que te deja siempre bastante enganchado, a pesar de que historias como esa estoy cansado de aguantarlas. En fin que es una serie que se deja ver pero no es ninguna maravilla, os la recomiendo para pasar un rato algo divertido, pero no esperéis demasiado de ella.

Aqui os dejo alguna captura (robada de blog de Rock, espero que no te moleste).
d54c9_bscap007
84244_bscap018
48083_bscap383_475lo
06232_bscap141

Nota: 6,5/10

Deica.